jueves, 13 de octubre de 2011

Miguel Ríos, Teddy Bautistae Os Canarios de pesca con Poíto (Celeiro, 1973)

Nunha parede aledaña Magda fixouse no caducado cartel que anunciaba a actuación da vedette Sara Montiel na discoteca de Covas, teneis la mejor playa del mundo, encandilara no espectáculo con engolada inflexión e voz de garrafón a divísima cariátide do último cuplé. Embadurnada de maquillaxe betún e carmín escarlata nun cutis de sintasol rendería ó público local cos engados chauvinistas tan resultóns pola xeografía patria. Johnny repasou o elenco de artistas que actuaran na cidade do Landro, Los Bravos, Fórmula V, Juan Pardo, Miguel Ríos, Rosa Moreno, Raphael… profetizando que calquera día… alí traerían ós Rollings Stones, que xa viñeran a flor e a nata das atraccións, porque ata houbera un ano que contrataran ó derradeiro exemplar de cabaleiro español bradominiano – feo, católico e sentimental – don Jaime de Mora y Aragón, un noble de alta alcurnia, y que por cierto, los gallegos eses del carallo ya tuvieron que boicotear el evento con pintadas injuriosas en las paredes, ¡¿no van y escriben de recibimiento los muy mamalones?!  “¡Bien venado, don Jaime de Moca y Aragán!” ¡Serán burros… mira que escribir aragán, sin hache!




viernes, 9 de septiembre de 2011

As marismas de Viveiro

Panorámica de Viveiro. (2011). Foto José M. Paleo.

Panorámica de Viveiro. Primeiro documental do que se ten noticia sobre a paisaxe galega, rodado en 1929 por Luis R. Alonso. (Arquivo do Centro Galego de Artes da Imaxe). Foto composición de Adrián Míguez.



ez.

sábado, 3 de septiembre de 2011

IGREXA EN PORTO NORTE


A don Cándido Paz Taboada ordenárano sacerdote o mesmo glorioso día no que España conquistaba Europa cantando pola vida ♫la, la, la♫ Sería cura coincidencia, porque pola súa afección á variedade musical para amenizar a liturxia os nenos bautizarían ó presbítero co alcume Cándido Mix.
Dunha anterior etapa de diácono en Lugo con sólidas dúbidas existenciais resoltas a logaritmo de fe, pasou a oito anos sementando a Palabra de Deus pola Terra Chá.
Tras atender parroquias de labranza nun arciprestado de terra adentro, don Cándido viría destinado a un pobo mariñeiro, clavado en Jesucristo, que también fue de Nazaret al mar de Tiberíades, como pescador de hombres - comparábase ás veces.
Trinta e tres anos pastoreando Porto Norte en contacto aberto cos veciños facilitaríanlle nas homilías pasar da sega e das patacas canavesas a costeiras e badeixos.
A dicir verdade, se non cometesen unha irreverencia os parroquianos xurarían que os ollos do cura semellan dunha curuxa, pero unha miuda e plana figura granxearíalle outro alcume máis, o dun peixiño que sobaba as beiras do peirao: Chagarito. Coa célebre coxeira na perna dereita xa se gañara na Terra Chá ser o Zurdo.
Sucedeu como párroco de Porto Norte a don Paco, un crego de transición entre o Concilio Vaticano II e a nada. Os fieis aínda botan de menos ó marabilloso don Ángel, un bendito que finara casualmente (tal vez) canda monseñor Roncalli, Il Papa Buono, aquel fillo de labregos lombardos capaz de escribir con man de santo encíclicas revolucionarias e coa man do demo abrir un telón de aceiro.
Don Cándido introduce as catequeses cunha farragosa charla tentando conectar coa chavalada do terceiro milenio nunha linguaxe infantil que confiaba servise de proximidade a unhas idades que había demasiado tempo quedáranlle lonxe.
O pasado 1 de Novembro, entusiasta coa tradicional festividade de Santos, sondeou esa cultura en nenos do catecismo ¡¿a ver, qué día es hoy, qué celebramos hoxe, oh?!
- ♫Halloween, halloween♫ – cantaron a coro unha ducia de pícaros.
- ¡Nooo, hombre, nooo!
- Samaín, Samaín!!! – correxiron os máis enxebres, aínda fresca a celebración escolar.
- ¡Esas son fiestas paganas del Corte Inglés: los gentiles tomaron el templo! Hoy es día de Todos los Santos y recordamos a todos los muertos y vivos que la iglesia ha canonizado. ¿Vosotros conocéis el nombre de algún santo o santa? (Mutismo) A ver, a ver… por ejemplo hace muy poco han elevado a los altares a una mujer ya viejita, vieja, vieja muy vieja, y feucha, feíña, fea muy fea.
- ¡Nuestra catequista doña Maruja! – supuxo un dos catecumenados, nacido tres anos despois de enterraren á Nai Teresa de Calcuta, a santa viejita e feucha aludida polo cura.
Don Cándido, mentres se reviste, séntese ir vello, son muchos años de apostolado y esto ya es no lo que era. Ahora con tanto progresismo se han abolido el Jueves de Ascensión y la festividad de San José, el de la buena muerte; Santiago antes era Patrón de España y ahora es de Galicia, acabará siendo Patrón de la Estaca de Bares: ¡esto es el Apocalipsis, el acabose!
Daba gusto ver el catecismo repleto de niños; ahora te vienen apenas una docena, mascullando chicle y con el móvil enviando mensajitos o grabando para subir al Yotu ese, no se enteran de la palabra de Dios, están vacíos de espiritualidaz, ni siquiera conocen los más famosos nombres de los discípolos… el otro día una chiquita de Primera Comunión dijo que a Cristo lo traicionó Judas Escarapote… sí, sí, reiros, que son vuestros hijos, no los míos… pero así nos va, sin cultura religiosa alguna, no saben nombrar ni al Santo Padre: el Papa de Galicia se llama Menudito 16, escribió uno… la parábola del buen San Martiño, dijo otro, o ler la condensación de judías por la condenación de Judas; hasta al monaguillo, Luisito, le sintí cantar en misa “Santo, Santo es el Señor, Osasuna en el cielo”… ¡sí, y el Betis en el purgatorio! Así no vamos a ninguna parte… si los hay que hasta ni saben ler, ya oísteis el pasado domingo en las preces la niñita que en vez de dicir Juan bautizaba a las personas que querían cambiar leyó Juan bautizaba a las personas que querían caviar… ¡pues no hay diferencia ninguna!.. ¡Tienen! tanta maquinita en la cabeza y videos juegos y la playtenteixon y ahora el demonio ese del Internet que lo tergiversan todo… ¡Hoy mismo! después de repasar en la catequesis ¡tres veces! el pasaje de la mujer adúltera hubo una pánfila que contestó a la pregunta del libro con esta frase: Jesús les dijo a aquellos que querían lapidar a la mujer pecadora “el que tire la primera piedra está libre de pecado” ¡Encima, encima! Y eso que ya les había explicado en qué consiste lapidar: matar con╢… ¡lápices! – me espetó otro pailaroco. Con estas meteduras de zoca bien podéis ver de qué pie se cojea en este pueblo.

jueves, 25 de agosto de 2011

A azarosa aventura de Chamaca



Tanto encandilara a Bárbara o sombreiro mexicano que os pais trouxéranlle dun San Froilán que ata ben moza disfrazaríase por carnavales cunha toquilla a xeito de poncho cantando corridos que remataba co mellor mariachi que sabía, ¡ay, ay, ay, ándele chamaca! Estaba cantado o alcume que lle endilgarían.
Chamaca nacera en 1927, nunha época na que os empresarios cataláns xa promoveran polo litoral galego o despegue na industria conserveira e da salmoira, pero ela, chea de carácter e chea dunha vida escrava empacando anchoa e apostando corriolos, rebelouse contra un destino que lle cheiraba a peixe, e o día que cumpría trinta anos reveloulle á nai a dirección única da súa estrela: mamá, eu non me vou casar cun pobre: non quero as maus atiborradas de sortijas, pero tampouco cubertas de escamas! Tras o pertinente moquetón que o pai propinou á filla para deixar ben claro quen calzaba os pantalóns naquela casa, a obreira, mentres demoucaban pavarda paroloulle á súa irmá Carme que xa podían darlle materile á fábrica e ó esterco, que se largaba daquel lóbrego furado que apestaba a miseria, con un armador ¡de-Gi-jón! forrado de cartos.
Salvador, o forrado, despachou o idilio convidando coa preceptiva cea de noivos a unha Bárbara decidida por achaiar fronteiras con menos prudencia que présas, e en Arriondas, catro culíns de sidra animarían á galeguiña falar castelán, bable e polos codos, ¡me chiflan las almejas con fabes pintes, guaje; hoy yé un día guapo, Salva!
Indemne ós prexuizos sociais e o ruxe-ruxe, según vox populi y radio calle, don Ángel – daban parte as tres Lolitas ó cura fugaríase a Vigo con aquel navieiro convencidísimo tamén de que o mar era unha inmensidade de lindo, pero para os peixiños de cores.
E así a rapaza que limitaba ó norte coa felicidade confiou un futuro que prometía nas mans do home que máis peixe tiraba ó mar en todo o Cantábrico. Encheu de ínfulas os anhelos de Bárbara ata que a véspera da gran escapada o armador de buques factoría e alpuxarro de aventuras, medrado co brandy, pero menguante de arrestos, virou en popa deixando ir o romance polo mar abaixo; aínda tivo máis que falar tratando de vulgar peixeira á prometida.
Nada máis oír ela tal afrenta lanzoulle unha mirada desafiante como un arpón, e co orgullo da indiferencia e o caudal desbordado de vida, Bárbara Rocha Ribeira devolveulle en búmeran a alianza de compromiso, ¡hasta aquí te traje el río!
Ferida, pero enteira, completou o axuar de urxencia escondendo na maleta a primeira moneca de Reis Magos, un regalo da nai que levaría medio século gardando polo mundo adiante por único tesouro, la muñeca de mi mamá.
Dende a tristísima mañá de 1957 que arrivou desolada ó Berbés para embarcar no Begoña rumbo a Venezuela, la sucursal del cielo, a Chamaca navegaría con sorte dispar, dende os avatares da emigración á seductora opulencia. Na ruta botouse entre peito e costas trece espantosos días tirada nun catre, mareadiña de todo, mareada por todo. No balde que lle achegaba o marmitón á hora do rancho vomitou o fel amargo do desengano e cando na traizón e na náusea estimaba morrer xa dunha condenada vez, ergueuna o xenio de vivir aínda que cuspise a derradeira bile. Porque o destino debíalle unha. Porque un donjuán con billete non ía estragar a esmeralda que resplandecía na súa mirada. E porque colorín colorado, co fulgor porteño da luz primaveral na Guaira sentía ansias de botar terra encima da fatalidade poñendo mar por medio; nin a súa estrela se enlataba en conserva nin sería unha emigrante a rolos e á deriva: a filla de Sarucha de Porto Norte nacera para coñecer mundo á aventura. Cunha moneca na maleta repleta de ilusión. Non cabía unha escama.

martes, 23 de agosto de 2011

Publicación "A lúa deitada en Porto Norte"


RESEÑA

Para cumprir a derradeira vontade de Magda, Papá Tono, Mamá Carme e mailo fillo viaxan das Ribeiras do Sor a Porto Norte con Carmela, que ven preparando unha tese doutoral sobre o rol da muller na familia mariñeira (“O anxo do pescador”).
O Barqueiro, O Vicedo, Viveiro, Celeiro, Xove, San Cibrao, Burela, Foz e Ribadeo… a veciñanza das marismas, co seu rexistro persoal, relata unha crónica que a diario a desmemoria usurpa.
No percorrido pola Mariña luguesa acompáñaos o viaxeiro máis pérfido, a estampa táctil dun litoral lañado de historias, co seu prodixioso legado de portos vogando mar adentro dun destino ancestral: pescar.
A socióloga descobre nas xentes do pobo o pecio dun tesouro perdido, un patrimonio etnográfico coa súa portentosa linguaxe e un corpus de saberes, entreverados en crónicas persoais que o destino escribe con nome e apelidos.
Porto Norte é a crónica veraz da Santa Compaña en carne viva. De amores, humores e mar.